PÁXINA PRINCIPAL

31 de marzo de 2020

IDEAS PARA FACER NA CASA.

ESTAS SON ALGUNS EXEMPLOS DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR OS NÚMEROS CON FICHAS DE DOMINÓ.
1.A CASIÑA DO NÚMERO...
FACENDO UNHA CASIÑA COMO AS QUE VOS DIXEN PARA A ACTIVIDADE DO OUTRO DÍA “A FAMÍLIA DO...” SE COLOCA EN CADA PISO A FICHA DE DOMINÓ QUE CORRESPODE CON ESE NÚMERO.

CON OUTRA FORMA DISTINTA:
2.FACENDO UNHA PLANTILLA OU UNHA FICHA COAS FICHAS DE DOMINÓ DEBUXADAS E UNS CADROS ONDE ESCRIBIR OS NÚMEROS, OU POÑELOS ON TAPÓNS, DE CARTÓN, DE PLASTILINA, ....TODO O QUE SALGA DA VOSA IMAXINACIÓN.

O BLOG DE RELIXIÓN

PARA OS NENOS E NENAS QUE VAN COA PROFE GEMMA A RELI, AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE AO SEU BLOG, ONDE ATOPAREDES CANCIÓNS, CONTOS, ACTIVIDADES, ....QUE FACEDES CON ELA.

CUMPLES DO SEGUNDO TRIMESTRE.



27 de marzo de 2020

IDEAS PARA FACER NA CASA.

ABECEDARIO.

PÓDESES FACER NUNHA LIBRETA,AXENDA, CADERNILLO VELLO QUE TEÑADES NA CASA.CON CADA LETRA (RECORTADA DUNHA REVISTA, FEITA CON GOMA EVA, CARTÓN, DEBUXADA,ESTAMPADA, ETC) ESCOLLEN UNHA PALABRA QUE PODEN ESCRIBIR EN GALEGO E/OU EN CASTELÁN.
PODEN FACER UN DEBUXO OU PEGAR UNA FOTOGRAFÍA DUNHA REVISTA SOBRE ESA  PALABRA.

AMIGOS DO 10.
ENTENDEMOS POR AMIGOS DO 10 AQUELLAS PARELLAS DE NÚMEROS QUE SUMADAS DAN O NÚMERO 10.
PÓDESE EMPEZAR CON MÚMERO MÁIS BAIXOS, AMIGOS DO 5, DO 6, DO 7, ...E AMPLIAR A CANTIDADE POUCO A POUCO.
DEBUXADES A CASIÑA E EN CADA CADRADO DE BUXAN PUNTOS E ESCRIBEN O NÚMERO.
ÁNIMO
SE QUEREDES MANDAR ACTIVIDADES, SUXERENCIAS, ...NON DUBIDEDES EN FACELO E ENVÍALAS AO CORREO DO BLOG.


25 de marzo de 2020

O MONSTRO DAS CORES. RABIA

A RABIA, A IRA, ESTAR MOI ENFADADOS, SON SENTIMENTOS QUE TODOS PASAMOS NALGÚN MOMENTO. NA CLASE FALAMOS DE COUSAS QUE FANNOS SENTIR ASÍ, DE SITUACIÓNS XUSTAS E INXUSTAS E POR QUE AS CONSIDERAN ASÍ. PENSAMOS ENTRE TODOS COUSAS QUE PODEMOS FACER PARA CONTROLAR A RABIA, COMO CONTAR ATA DEZ AMODO, CANTAR,...
FACEMOS UNHA ADAPTACIÓN DA  OBRA “LOCO DE IRA” DE HERBERT RODRÍGUEZ.
VEMOS NA CLASE ALGÚNS CONTOS RELACIONADOS COA RABIA:



O MONSTRO DAS CORES.AMOR.





CONTOS SOBRE ESTE SENTIMENTOS QUE VIMOS NA CLASE:




O MONSTRO DAS CORES E O CORONAVÍRUS.


24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA CASA..

AQUÍ VOS DEIXO MÁIS ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA:
1.FACER FLORES, SOLES,BOLBORETAS,... CON MATERIAL DE REFUGALLO.
2. MERENDAS DIVERTIDAS.CON AMORODOS, PLÁTANOS, MANDARINAS, KIWI, PAN DE MOLDE, QUEIXO, ...PÓDENSE FACER MERENDAS SANAS E ORIXINAIS, AO TEMPO QUE OS NENOS/AS PASAN UN RATO ENTRETIDO.
3.DECORAR UNHA CAIXA DE CARTÓN.SE TEDES NA CASA UNHA CAIXA DE CARTÓN, PODEDES APROVEITAR PARA DECORALA ;CONVERTILA NUN GARAXE, NUNHA GRANXA OU NUN FORTE, FACER DELA UNHA CASIÑA,...




TODO IRÁ BEN.

O NOSO BLOG SEGUE ENCHÉNDOSE DE DEBUXOS EMENSAXES DE ÁNIMO DOS NENOS E NENAS DA CLASE DOS MANDILÓNS VERDES.
GRAZAS IRENE POLO TEU DEBUXO💕💕💕É CHULÍÍÍSIMO!!UN BIQUIÑO MOI GRANDE.

CONTOS CONTADOS.


KALANDRAKA TV OFRECE SESIÓNS DE CONTACONTOS GRATIS A TRAVÉS DA SÚA CANLE.DÉIXOVOS O ENLACE DO CONTO “O POLIÑO DA ABELEIRA” POR BEA CAMPOS, ACTRIZ E CONTACONTOS. AGARDO QUE VOS GUSTE.
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=3


23 de marzo de 2020

TODO IRÁ BEN.

NENOS E NENAS DA CLASE DOS MANDILÓNS VERDES SEGUEN ENVIANDO OS SEUS DEBUXOS E MENSAXES DE ÁNIMO.
MOITAS GRAZAS PAULA.ENCÁNTAME O TEU DEBUXO👏🏻👏🏻💕💕

CONTO:”ROSA CONTRA EL VÍRUS”


NESTE CONTO PARA AS FAMILIAS E OS SEUS FILLOS, PROMOVIDO POLO COLEXIO DE PSICÓLOGOS DE MADRID, UNHA NENA EXPLICA DE FORMA DIDÁCTICA QUE É O VIRUS E COMO COMBATILO RECORDANDO PAUTAS DE HIXIENE COMO O LAVADO DE MANS, ENTRE OUTRAS.

22 de marzo de 2020

ELMER POLO MUNDO.LONDRES.

ELMER CHEGOU DA SÚA VIAXE A LONDRES MARAVILLADO POLAS COUSAS QUE VIU NESA GRANDE CIDADE.LONDRES É A CAPITAL DE INGLATERRA, E A MAIOR CIDADE DE GRAN BRETAÑA (INGLATERRA,ESCOCIA, IRLANDA DO NORTE E GALES).
ELMER CHEGOU ATA LONDRES EN AVIÓN, E ALÍ PUIDO VISTAR O PALACIO DE BUCKINGHAM, O OLLO DE LONDRES (LONDON EYE) O MUSEO BRITÁNICO, A PONTE DE LONDRES, ... PASOUNO XENIAL. 
E OS NENOS E NENAS DOS MANDILÓNS VERDES TROUXERON, MAPAS, BANDEIRAS, DEBUXOS, A MOEDA INGLESA ( LIBRAS), RECORDOS DUNHA VIAXE QUE AS SÚAS FAMILIAS FIXERON A LONDRES, ...CON TODAS ESTAS COUSIÑAS IMOS FACENDO O NOSO RECUNCHO DAS VIAXES DE ELMER POLO MUNDO.
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!




ELMER POLO MUNDO.

DESPOIS DE ESTAR O CURSO PASADO VISITANDO AS CASAS DOS NENOS/AS DA CLASE,A NOSA MASCOTA ELMER DECIDIU AMPLIAR FRONTEIRAS E COÑECER OUTROS PAÍSES.
A PRIMEIRA PARADA NA SÚA VIAXE SERÁ LONDRES, XA TEN PREPARADA A SÚA MALETA PARA MARCHAR. AGARDAREMOS IMPACIENTES A SÚA VOLTA.

VOA VIAXE ELMER!!🙋🏻‍♀️🌍



BLOG DE INGLÉS.

AS TEACHERS BERTA E DELMI TEÑEN UN BLOG DE INGLÉS CON MOITAS ACTIVIDADES E CANCIÓNS. ANIMÁDEVOS E VISITÁDEO!!


http://searaenglish.blogspot.com/


21 de marzo de 2020

CHEGOU A PRIMAVERA


A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ,AINDA QUE NESTES MOMENTOS SÓ POIDAMOS APRECIALO POLA VENTÁ.
ESTASSON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA PRIMAVERA  QUE PODEDES FACER NA CASA:
1. MANUALIDADES OU DEBUXOS DE FLORES,BOLBORETAS,PAXARIÑOS,...PARA DECORAR A HABITACIÓN OU AS VENTÁS.

https://www.imageneseducativas.com/completa-coleccion-de-manualidades-para-ninos-y-ninas-especial-primavera/
2.PLANTAR LEGUMES: FABAS, LENTELLAS,...
3.CONTOS DA PRIMAVERA.RECORDANDO Á NOSA PEQUEÑA EIRUGA LARPEIRA.






TODO IRÁ BEN

DEBUXOS DE ÁNIMO SEGUEN CHEGANDO AO CORREO DO BLOG.É UNHA FORMA DE ESTAR UNIDOS, AINDA QUE ESTEMOS CONFINADOS NAS NOSAS CASAS.ESTE É O DEBUXO DE EMMA, CHEO TAMÉN DE ESPERANZA E ALENTO.


MOITAS GRAZAS EMMA. FIXECHES UN DEBUXO MOI BONITO😍👏🏻👏🏻👏🏻.UN BICO E UN ABRAZO MOOOI GRANDE💕💕💕

20 de marzo de 2020

IDEAS PARA FACER NA CASA

AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS IDEAS PARA FACER COS NENOS/AS NA CASA:

1. REALIZAR UN “DIARIO” UTILIZANDO UNHA LIBRETA OU AXENDA VELLA QUE ATOPEDES POR CASA,NA QUE CADA DÍA PODEN ESCRIBIR A DATA (MIRANDO POR UN CALENDARIO ) O SEU NOME, FACER O SEU DEBUXO, DEBUXAR O TEMPO METEREOLÓXICO (SEGÚN O DÍA QUE FAGA ☀️🌥☁️🌧).

                                                                     EXEMPLOS.

ASÍ FACÉMOLO NA CLASE.

2. A PALABRA DO DÍA.ELEXIR CADA DÍA UNHA PALABRA E ESCRIBILA.CONTAR AS LETRAS QUE TEN E ESCRIBIR O NÚMERO.FACER O DEBUXO.BUSCAR DÚAS PALABRAS QUE EMPECEN POLA PRIMEIRA LETRA DESA PALABRA ELEXIDA.

EXEMPLO.

3. ESCRIBIR A SERIE NUMÉRICA (ATA ONDE SEXAN CAPACES).

4. XOGOS CON LETRAS.BUSCAR PALABRAS QUE EMPECEN POR UNHA DETERMINADA LETRA E ESCRIBILAS.

5. CONTEO. RELIZAR CONTEO DE FROITA, FROITOS SECOS, BOTÓNS,PINZAS DA ROUPA, ....PEGAR PAUCIÑOS DE MADEIRA ( OU ESCRIBILOS), E ESCRIBIR TAMÉN O NÚMERO.
EXEMPLO.