PÁXINA PRINCIPAL

30 de abril de 2020

“OCA” MATEMÁTICA.

PARA ESTE XOGO TEDES QUE FACER O TABOLEIRO NUN FOLIO NO QUE APAREZAN AS CASILLAS +1,+2 +3,-1,-2,-3,...
NECESITADES UN DADO PEZAS DE CONSTRUCCIÓN (LEGO, MOLTÓ, ...).
OS XOGADORES COMEZAN CUNHA FICHA DA COR QUE QUEIRAN (CUN BONECO ENRIBA SE O TEDES).TIRADES O DADO E SEGÚN ONDE CAIA A VOSA PEZA TEDES QUE POÑER OU QUITAR AS PEZAS QUE DIGA ESA CASILLA.
GAÑA O XOGADOR/A QUE CHEGA Á META COA TORRE MÁIS ALTA.
ANIMÁDEVOS A FACER O VOSO!!




MOVENDO O CORPO.

ESTE XOGO É COMA UN XOGO DA OCA PERO AQUÍ CADA NÚMERO CORRESPONDE A UN EXERCÍCIO DIFERENTE.
NON É NECESARIO IMPRIMILO,MAMÁ OU PAPÁ PODEN COPIAR OS RETOS OU MÍRALOS NA PANTALLA.
ÁNIMO E A XOGAR E A MOVER O CORPO!!


Actividade sacada de http://losproyectosdeauladenika.blogspot.com/.
Grazas.


29 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA.

OS NENOS E NENAS DA CALSE SEGUEN TRABALLANDO MOITO NAS SÚAS CASAS.
MOI BEN!!👏🏻👏🏻💕💕
TRABALLANDO OS NÚMEROS,AS HORAS E AS PALABRAS.
CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO.

NUBES DE SÍLABAS

ESTA ACTIVIDADE ESTÁ MOI BEN PARA TRABALLAR A LECTOESCRITURA A TRAVÉS DAS SÍLABAS.
HAI TRES NÍVEIS  DE 2,3 E 4 SÍLABAS.
É DO GRUPO COMUNICARNOS. http://siembraestrellas.blogspot.com




28 de abril de 2020

FORMAS XEOMÉTRICAS.

OLA A TODOS/AS! HOXE PROPOÑO ESTAS ACTIVIDADES PARA TRABALLAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS DUN XEITO MÁIS DIVERIDO. QUEN SE APUNTA FACELO?
ÁNIMO.
1.COLARES DE FORMAS XEOMÉTRICAS.
CON FORMAS DE CARTÓN ((OU GOMA EVA, SE TEDES) E UN POUQUIÑO DE LA OU CORDEL, PÓDENSE FACER EST3 COLARES TAN CHULO.

2.FORMAS CONCÉNTRICAS.
PARTINDO DUN PEQUENO DEBUXO(OU GOMET) DUN CÍRCULO, CADRADO, TRIÁNGULO, RECTÁNGULO, ESTRELA, ....FACER OUTROS AO SEU REDOR.
3.COMPOSICIÓNS.




ACTIVIDADES NO BLOG DE INGLÉS.

BOS DÍAS!AS PROFES DE INGLÉS DO COLE PROPOÑEN UNHAS ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS NO SEU BLOG PARA OS NENOS E NENAS DE INFANTIL.
ANIMÁDEVOS A FACELAS!  

http://searaenglish.blogspot.com/2020/04/actividades-para-infantil-e-primeiro.html
PINCHA NO ENLACE

25 de abril de 2020

MELLORAR A FALA E A PRONUNCIACIÓN.

AQUÍ VOS DEIXO ALGÚNS EXERCÍCIOS PARA MELLORAR A FALA E A PRONUNCIACIÓN RECOMENDADOS DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

1. FALA E VOCALIZACIÓN.
REPETICIÓN DA CANCIÓN “LA HORMIGUITA”.
https://orientacionseara.blogspot.com/2020/04/fala-vocalizacion.html
2.EXERCICIOS DE SUCCIÓN E SOPLIDO.




CIRCUITO DE SOPRO.
PRACTICAR O FONEMA “R”.
PRACTICAR O FONEMA “S”.


21 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA CASA.

AS PALABRAS DO NOSO NOME.
PARA ESTA ACTIVIDADE TEDES QUE ESCRIBIR O VOSO NOME NUNHA FOLLA.DESPOIS, CON CADA LETRA DO VOSO NOME ESCRIBIDES UNHA PALABRA QUE EMPECE POR ESA LETRA.
SEGURO QUE HAI UN MONTÓN DE PALABRAS AGOCHADAS NOS VOSOS NOMES. TAMÉN PODEDES BUSCALAS NO NOME DE MAMÁ,DE PAPÁ, DO VOSO IRMÁ OU IRMÁN, DOS AVÓS, ..
MIRADE AS PALABRAS QUE ATOPEI AGOCHADAS NO MEU NOME🔍


CONTO”ELENA EN LA CUARENTENA”

ESTE CONTO ESTÁ REALIZADO POLAS PSICÓLOGAS SANITARIAS EXPERTAS EN INFANCIA E INTELIXENCIA EMOCIONAL BEATRIZ CANSECO E NATALIA MANCHÓN.NEL EXPLICAN O CORONAVIRUS AOS NENOS E NENAS E LLES PROPOÑEN XOGOS E ACTIVIDADES.
NEL PODEN ESCRIBIR E DEBUXAR A TRAVÉS DO USO DAS EMOCIÓNS E O CORONAVIRUS.




20 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA CASA.

1.TRABALLANDO COAS PALABRAS.
CON ESTA ACTIVIDADE TRABALLAMOS A LECTOESCRITURA DUN XEITO DIVERTIDO, COMPLETANDO PALABRAS E FAVORECENDO O DESENVOLVEMENTO DO CONTROL MANUAL.
HAI QUE ESCRIBIR O NOME QUE QUE CORRESPONDE AO DEBUXO QUE SAE NO LADO ESQUERDO PINCHANDO NOS CADRADOS DE DEBAIXO, ONDE APARECEN AS LETRAS DESORDENADAS.HAI QUE PARAR NA LETRA QUE CORRESPONDE.

FORMANDO PALABRAS.
PARA ESTA ACTIVIDADE PODEDES EMPREGAR RECORTES DE REVISTA, DEBUXOS, PEGATINAS, PAPEL DE CORES, ...RECORTADES A IMAXE OU FACEDES O DEBUXO, AS VOSAS FAMILIAS ESCRIBEN EN MAIÚSCULA A PALABRA EN SÍLABAS.VOS FORMADES A PALABRA, A PEGADES E A ESCRIBIDES. MIRADE OS EXEMPLOS🔍

2.COROAS DE PRIMAVERA.
ANIMÁDEVOS A FACER ESTAS COROAS DE PRIMAVERA,SEMPRE AO VOSO GUSTO E COAS VOSAS IDEAS.🌼🌺🌼

3.TÉCNICA DO “COLLAGE”.
RECORTANDO UN RASGANDO TROZOS DE PAPEL DE CORES, DE REVISTAS, ...PÓDENSE FACER ESTES COLLAGES TAN CHULOS.






ORIENTACIÓNS CONSELLERÍA.

BOS DÍAS FAMILIAS, COMEZAMOS XA A SEXTA SEMANA DE CONFINAMENTO. ESPEREMOS QUE XA QUEDE MENOS.
A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PUBLICOU O VENRES 17 DE ABRIL UNHAS ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS, PENDENTE DA NORMATIVA QUE PUBLIQUE O MINISTERIO DE EDUCACIÓN.


MOITO ÁNIMO E UN BICO MOI GRANDE!

17 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA CASA.


1.TRABALLANDO COS NÚMEROS.
                                                               SUMAS.



 CONTA OS PUNTOS QUE HAI EN TOTAL EN CADA FICHA DE DOMINÓ E ESCRIBE O NÚMERO NO CÍRCULO.

CONTA A FROITA, ESCRIBE DEBAIXO E NÚMERO.FAI A SUMA (RECORDA, A CONTAMOS TODA XUNTA).DEBÚXAA E ESCRIBE O NÚMERO DO TOTAL.



RESTAS.

ELMER POLO MUNDO.KENIA.

E POLO ENTROIDO, DISFRAZÁMONOS DE MASAIS.

MURGA DO ENTROIDO DE INFANTIL (ESCRITA POLOS NENOS E NENAS DE CATRO E CINCO ANOS, E COS DEBUXOS DA CLASE DE TRES ANOS).